Alba Blanco y Alba Villar

A Limia

Proceso de creación escénica colaborativa e multidisciplinar, cun forte compoñente documental e de recuperación de arquivo ao redor da memoria dunha comunidade contida na obra fotográfica de Matilde Gándara Mandianes.

Exponse como punto de partida, a experiencia persoal de Matilde, fotógrafa entre os anos 1970 e 2003 na zona sur da provincia de Ourense “A Limia”. Unha contorna rural, que nos seus inicios, vivía o final da ditadura Franquista. Rescatamos así o rexistro dunha sociedade, case sen querelo e establecemos paralelismos con outras mulleres fotógrafas como Ruth Mathilda Anderson ou Gerda Taro que retrataron os costumes, tradicións e sociedade Española en diferentes momentos da historia, poñendo así en valor a súa obra artística e a súa mirada como mulleres fotógrafas en cada un dos períodos.

Caixas de fotografías vellas que nunca chegaron ás mans dos seus destinatarios ou outras que forman parte do arquivo familiar (Vodas, Bautizos e Comuñóns) actos sociais ou fotografías veladas que retratan unha época, personaxes e historias, bailes e cantos silenciosos e que son o noso motor de procura para crear unha peza colaxe que traduce en imaxes, movemento, son, palabra, personaxes reais ou non, os/as protagonistas deses carretes.

Unha peza que trata de transmitir a esencia da memoria colectiva e individual e os seus efectos impermeables sobre o noso imaxinario, buscando a correlación entre os elementos gráficos e historias reais e as linguaxes escénicas propostas.