Katiuskas

A BiblioRodante quere achegarse ás poboacións do rural galego que pola súa situación xeográfica atópanse distantes e teñen menos oportunidades de participar en actividades culturais e artísticas. Será un “espazo” que dinamice ás e aos máis pequenos e tamén ás e ós maiores que queren espertar o seu neno ou nena interior.

Ademais a BiblioRodante vai máis aló do espazo físico que ocupa e pretende crecer con cada pobo visitado, recollendo lendas da zona, historias de tradición oral e curiosidades, que se sumarán ao material intanxible da biblioteca e veránse reflectidas no BlogueRodante (apartado específico que crearemos dentro do noso wordpress) que dará cobertura ás viaxes.